Home / Actualidad / A Policía reanudará en breve a tramitación do DNI no Concello de San Sadurniño

A Policía reanudará en breve a tramitación do DNI no Concello de San Sadurniño

FERROL360 | Martes 29 decembro 2015 | 18:31

O Concello de San Sadurniño volverá concertar citas para facer ou renovar o DNI, logo de que o equipo móbil da Policía Nacional non se trasladara ata o municipio nos últimos tempos. Este servizo non se prestaba por mor do proceso de adaptación ao DNIe 3.0.

O novo carné ten unha cor diferente e unha fotografía máis grande e con mellor definición. Pero o verdadeiro cambio é que o DNIe 3.0 é un dispositivo activo capaz -en teoría- de comunicarse sen fíos con móbiles e tabletas e con toda a información que precisamos para nos identificar.

Iso si, só contén datos de identificación, xa que o novo carné non leva incluída outra información sensible, como poden ser números de conta ou datos sanitarios.

Aquelas persoas que precisen renovar o seu carné ou realizar un novo deberán pedir cita previa no teléfono 981.490.027 de luns a venres en horario de mañá. Este novo documento está en fase de proba e por este motivo a Policía Nacional estima conveniente citar a un número máximo de 20 persoas ata novo aviso.

O servizo ofrécese tanto para persoas empadroadas en San Sadurniño como para aquelas de municipios limítrofes ás que lles cadre mellor que ir a Ferrol.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies