Home / Ferrol / Narón / A primeira andaina do ano do programa ‘Ponte en ruta con nós’ reúne a 250 persoas

A primeira andaina do ano do programa ‘Ponte en ruta con nós’ reúne a 250 persoas

FERROL360 | Luns 29 xaneiro 2018 | 10:44

A primeira andaina deste ano do programa municipal ‘Ponte en ruta con nós’ congregou o domingo a un total de 250 persoas. A primeira hora da mañá o grupo saíu en autobús desde as inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara para realizar un percorrido duns trece quilómetros entre o Castelo da Palma, en Mugardos, e Punta Coitelada, en Ares.

O tempo acompañou e os camiñantes tiveron a oportunidade de gozar dunha mañá practicando deporte ao aire libre e, ao mesmo tempo, gozando das excelentes vistas á ría e do patrimonio cultural da comarca.

A vindeira saída programada no marco desta iniciativa será o día 25 de febreiro, e discorrerá pola Senda da Memoria, no concello das Pontes, polas inmediacións do lago da vila. O tramo é duns nove quilómetros e está previsto realizalo en dúas horas, establecéndose o punto de recollida nas Pontes, ata donde chegarán os participantes nun autobús que sairá das inmediacións do pavillón da Gándara.

As persoas interesadas en inscribirse na próxima andaina poderán facelo a partir do vindeiro 1 de febreiro, nas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara, abonando a cota establecida, de tres euros. O horario para anotarse é de luns a xoves de 10.00 a 13.00 e entre as 16.30 e as 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00.

As prazas son limitadas e non poderán acudir menores que non vaian acompañados por un adulto. Desde a Concellería de Deportes anímase á veciñanza a anotarse neste programa, donde as prazas se cubren por rigorosa orde de inscrición.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies