Home / Actualidad / A Rede Galega de Loita contra a Pobreza pide aos candidatos de Ferrol un compromiso contra a pobreza

A Rede Galega de Loita contra a Pobreza pide aos candidatos de Ferrol un compromiso contra a pobreza

FERROL360 | Martes 28 abril 2015 | 17:01

Sumar apoios na procura dun compromiso político real contra a pobreza e a exclusión social é o obxectivo da campaña «Concellos ao servizo das persoas» da Rede Galega de Loita contra a Pobreza. Unha campaña que chega este martes a Ferrol para pedir aos candidatos ás eleccións municipais un compromiso verdadeiramente vinculante contra a pobreza e a exclusión.

Segundo indican desde a Rede Galega de Loita contra a Pobreza, o 22,9 % da poboación de Ferrol están en situación de pobreza e exclusión social. Ou o que é o mesmo 16.638 persoas na nosa cidade padecen esa situación, según datos do IGE 2013.

A intención de EAPN-Galicia é facer que a cidadanía se apropie da campaña que desenvolve, implicándose directamente na interlocución cos seus candidatos a que estes se comprometan coas persoas. Para iso lánzase a seguinte pregunta: «Cre que a principal prioridade no seu concello debe ser a mellora da calidade de vida e a dignidade das persoas, especialmente as que se atopan nunha situación de pobreza ou exclusión social?».

Da resposta a esta pregunta virá a sinatura, ou non, do documento Compromiso coas persoas, unha declaración de 15 puntos que os candidatos se comprometen a cumprir no caso de seren elixidas no seu concello.

A coordinación entre administracións e axentes que interveñen na loita contra a pobreza e a exclusión é outro dos puntos clave da campaña de EAPN-Galicia. E a comarca de Ferrolterra precisa especialmente desta coordinación, xa que os niveis de desemprego e taxa de exclusión son similares nos municipios, pero as diverxencias son importante en canto a investimento social.

Entre os 142,02 euros por habitante de Fene e os 45,32 euros que inviste Narón queda unha longa distancia de traballo pola coordinación e por unha redistribución máis equitativa. Mugardos tamén supera a media galega de investimento, con 135,40 euros por persoa ao ano, e Neda queda a moi pouca distancia, con 98,88 euros por habitante, indican desde a entidade.

A Rede Galega de Loita contra a Pobreza está integrada por 125 entidades que traballan contra a exclusión social e ten como misión defender os dereitos das persoas en situación ou risco de pobreza e exclusión mediante a incidencia política e social.

Banner Odeon

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies