Home / Cultura / A Semana Cultural Val de Esmelle celebra o seu 25 aniversario cun completo programa de actos

A Semana Cultural Val de Esmelle celebra o seu 25 aniversario cun completo programa de actos

FERROL360 | Venres 31 xullo 2015 | 17:37

Rutas de sendeirismo, actuacións musicais, actividades infantís, charlas, exposicións, gastronomía, mercados e exposicións, compoñen a programación da 25 Semana Cultural Val de Esmelle. Un programa variado, divertido, para toda a familia, e sobre todo moi festeiro, porque non se cumpren 25 anos todos os días.

O actos arrancan na tarde deste venres, ás 20:00 horas, a asociación de veciños Val de Esmelle dará o pistoletazo de saída ás actividades coa inauguración da exposición de traballos de Río Daneiro e da mostra de fotografías do concurso de rueiros, tamén se presentará a revista «Esmelle S.XXI».

A continuación, sobre ás 20:30 horas, entregaranse os premios do IV Concurso de Rueiros de Esmelle. Para a xornada deste sábado está programada unha ruta de sendeirismo, que comezará ás 16:30 horas, e ás18:00 horas haberá un maratón de tute, dominó e mus.

Este domingo as actividades continúan coa sega do trigo, a partires das 16:00 horas; tenis de mesa para nenos e adultos ás 18:00 horas e dúas horas máis tarde actuación do Coro Diapasón. Pechará a xornada un bingo social que se celebrará ás 21:30 horas.

Para o luns 3 de agosto hai organizada unha festa infantil da espuma, masterclass de zumba e maratón de chave. Os horarios serán ás 18:00, 19:30 e 20:30 horas, respetivamente. O martes día 4 tócalle o turno ao catedrático en bioloxía, Xoán Rodríguez Silvar que falará da oceanógrafa ferrolá, Ángeles Alvariño. Será ás 19:30 horas.

O día rematará cun Festival Folk Galego con cantareiras de Esmelle e Narahío e bailes tradicionais, a partires das 21:00 horas. A xornada do 5 de agosto estará adicada á muller e haberá un obradoiro de manualidades e a presentación do recetario «As Potas de Esmelle», con degustación de doces e licores. Para finalizar, actuación de Parranda la Nuestra. Horarios: 18:00, 19:30 e 21:00 horas.

Carlos Caraglia falará sobre «El Viaje Polar», un proxecto divulgativo e educativo sobre o percorrido do home polo planeta Terra e a súa relación con el. Será o día 6 de agosto ás 20:00 horas. Tamén se celebrará un bingo social a partires das 21:30 horas.

Festa Rachada

O venres 7 de agosto haberá unha exhibición de jugger, un deporte en equipo no que se combinan elementos dos deportes de pelota e os de loita. A continuación, terá lugar unha mexilonada e música en vivo dos anos 80 e 90 co grupo La Promesa. Os horarios serán ás 18:30, 20:00 e 22:00 horas.

Para o sábado 8 de agosto, ás 12:00 horas está organizado un mercadiño de produtos do campo e artesanía. Xa ás 13:00 horas haberá unha degustación e ás 20:30 horas sadiñada e festa con Fusión Latina. O día 9 de agosto terá lugar o acto de clausura ás 20:00 horas.

As actividades continúan en Esmelle ao marxe da Semana Cultural coa choiva de estrelas na praia de Esmelle o día 12 de agosto, a partires das 22:00 horas. Unha actividade organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural. O día 14 de agosto celebrase o Festival MallaRock con Five Strings Band.

O sábado 15 de agosto haberá unha exposición de motores e máquinas de mallar, a Festa da malla e degustación de guiso de parrochitas, desde as 16:30 horas. Ás 22:00 horas Festa con música dos anos 60 e 70. Avisamos, hai que ir caracterizado coas «pintas» da época. E para finalizar, o sábado 22 de agosto terá lugar a XIV Romaría Castrexa.

Semana Cultural Val de Esmelle

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies