Home / Sociedad / Educación / A Semana da Mobilidade de Narón axuda a concienciar aos máis novos

A Semana da Mobilidade de Narón axuda a concienciar aos máis novos

Escolares naroneses atenderon ás explicacións do Equipo de Emerxencias de Narón, baixo unha carpa inchable, sobre primeiros auxilios (foto: Concello de Narón)

FERROL360 | Mércores 25 maio 2016 | 10:01

As actividades do programa da Semana da Mobilidade e Seguridade Vial do Concello de Narón continuaron desenvolvéndose desde primeira hora desta martes. O Pazo da Cultura acolleu a primeira das sesións do día coa presentación dos curtos Eu Narón seguro, realizados por alumnado de centros escolares do municipio.

Tamén houbo tempo para o “Parking day”, unha mostra de traballos de persoal da asociación Nosa Señora de Chamorro instalada na rúa 25 de Xullo entre as 10:30 e as 12:30 horas. Na praza de Galicia estiveron operativos de 10:00 a 13:00 o Parque de Prevención e a Casa de Evacuación da Fundación Mapfre, actividades estas últimas nas que participaron uns 170 escolares da localidade.

O alcalde, José Manuel Blanco, e os edís de Seguridade Cidadá e Cultura, Guillermo Sánchez Fojo e Marián Ferreiro, visitaron aos asistentes ás actividades desenvolvidas esta mañá na praza de Galicia, donde tamén se habilitou un circuíto de educación vial.

Escolares naroneses atenderon ás explicacións do Equipo de Emerxencias de Narón, baixo unha carpa inchable, sobre primeiros auxilios. En grupos reducidos e de dous en dous practicaron, tralas indicacións dos profesionais, con dous bonecos algunhas técnicas básicas de reanimación. A continuación os rapaces e rapazas visitaron a Casa de Evacuación cedida pola Fundación Mapfre, tamén inchable e chea dun fume especial para estes casos, que dificultaba a visibilidade no interior, simulando un incendio nunha vivenda. Guiados polo persoal de Emerxencias Narón, aprenderon as normas básicas de evacuación en caso de incendio.

Pola tarde, a edil de Cultura, Marián Ferreiro, presentou o conto Moucho e Cuquiña acompañada pola autora do libro, Paula Merlán, e o ilustrador, Antonio Seijas. O respecto e coidado do medio ambiente, o coñecemento do entorno e as normas de seguridade viaria son algunhas das temáticas abordadas neste conto, dirixido a nenos e nenas de educación Infantil e primeiros cursos de Primaria e do que se editaron 750 exemplares. Trala presentación do libro, sobre as 19.30 horas, comezou a representación da obra 2021: Unha odisea na terra, escrita e dirixida polo naronés José Prieto e na que colaborou o equipo de Seguridade Vial do Concello.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies