Home / Ferrol / Ferrol / A SGHN organiza un roteiro ao río da Laxe nas Fragas do Eume

A SGHN organiza un roteiro ao río da Laxe nas Fragas do Eume

FERROL360 | Luns 15 setembro 2014 | 11:16

A Sociedade Galega de Historia Natural realizará un roteiro ao río da Laxe nas Fragas do Eume o vindeiro domingo 28 de setembro. Trátase dunha ruta de sete quilómetros de dificultade media baixa. O horario previsto de saída será ás 11:00 horas, desde o local da SGHN, e a volta está programada para as 19:00 horas. Recoméndase levar comida, bebida, roupa e calzado adecuado.

Os interesados en participar deben inscribirse facilitando o seu nome completo, teléfono e DNI, para formalizar o seguro. A inscrición prioritaria para socios remata o día 18 de setembro e a partires desa data a inscripción será pública e rematará o 25 de setembro. As prazas son limitadas. O prezo para os socios é de 10 euros, non socios 14 e nenos ata 12 anos 5 euros.

O pago farase na oficina da SGHN, no momento da inscrición ou cun ingreso na conta de ABANCA: IBAN ES89 2080-0200-45-3040127672. Para máis información pódese contactar no eléfono: 881 931 315, ou no local da SGHN na Praza de Canido.

Roteiro SGHN

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies