Home / Ferrol / Ares / A SGHN organiza unha saída intermareal ás Illas Mirandas, en Ares

A SGHN organiza unha saída intermareal ás Illas Mirandas, en Ares

FERROL360 | Xoves 21 abril 2016 | 11:36

A Sociedade Galega de Historia Natural levará a cabo unha visita ao medio mariño das Illas Mirandas, en Ares, para observar e coñecer seres vivos no seu entorno. Así, os participantes poderán ver algas, ourizos, estrelas, poríferos, moluscos, poliquetos, crustáceos e peixes, entre outros.

A saída intermareal será o vindeiro 7 de maio, ás 10:00 horas, desde o Museo da SGHN. Os interesados en asistir deben inscribirse nesta actividade asegurada, que ten prazas limitadas, e que contará cun monitor. O prezo por inscrición é de dous euros para as persoas que non son socias da entidade e de balde para os socios.

É importante seguir unha serie de recomendacións cando se participa nestas iniciativas. Así, é convinte levar botas de goma e roupa cómoda e acorde coa metereoloxía; tamén se pode levar unha cámara de fotos para captar todo aquelo que nos pareza interesante.

Non se debe alterar o entorno, polo que se movemos unha pedra, hai que deixala onde estaba. Pódese levar algunha cuncha ou caparazón de animais mortos, pero non animais nin algas vivas non se pode subir ás illas, porque hai niños de aves mariñas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies