Home / Eume / As Pontes / A tramitación do Plan reitor do parque natural das Fragas do Eume comezará en breve

A tramitación do Plan reitor do parque natural das Fragas do Eume comezará en breve

FERROL360 | Sábado 20 decembro 2014 | 17:26

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, afirma que ten previsto elevar o Plan reitor do parque natural das Fragas do Eume ao Consello da Xunta en datas próximas para comezar a súa tramitación.

Vázquez fixo estas declaracións este sábado nunha visita ao centro de recepción a visitantes deste parque. Neste acto tamén estiveron presentes a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

A titular de Territorio indicou que dende a Xunta queren potenciar e facer compatibles a conservación do medio natural e as oportunidades económicas, turísticas, sociais e culturais que ofrece este espazo.

Precisou que por esta razón deseñouse o Plan reitor do parque natural das Fragas do Eume, un plan de uso e xestión que integra as necesidades de conservación e restauración cos aproveitamentos tradicionais.

Vázquez subliñou que o obxectivo último do seu departamento é contar cunha folla de ruta que valorice este espazo, conxugando a preservación da súa riqueza natural coas potencialidades que ofrece como destino turístico.

Asimesmo, explicou que este documento nos últimos meses someteuse a unha rolda de consultas para coñecer a opinión de axentes implicados como alcaldes, empresarios, propietarios e asociacións de veciños que viven na zona protexida e no seu contorno.

Vázquez visitou o centro de recepción a visitantes do parque (cedida)

Vázquez visitou o centro de recepción a visitantes do parque (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies