Home / Ferrol / Cedeira / A Travesía a Nado Ría de Cedeira cumprirá este sábado 23 edicións

A Travesía a Nado Ría de Cedeira cumprirá este sábado 23 edicións

FERROL360 | Martes 6 agosto 2019 | 8:56

O Concello de Cedeira e a Federación Galega de Natación organizan para este sábado a 23 edición da Travesía a Nado Ría de Cedeira, proba puntuable para o circuíto galego de augas abertas. A inscrición, cuxo prazo remata o mércores 7 de agosto, pódese tramitar nesta web.

Haberá un total de nove categorías con distintas distancias segundo a idade dos participantes. As probas comezarán ás 12.00 horas cos peques nacidos en 2010 e anos posteriores, que nadarán 50 metros, ata ás 12.40 coas probas dos adultos cunha distancia de 2.800 metros.

Todas as competicións rexeranse pola normativa FINA de Augas Abertas, pola Normativa de Competición de Augas Abertas da Federación Española de Natación e por un regulamento particular. As probas estarán controladas polo comité de árbitros da Federación Galega de Natación, sendo da súa competencia a resolución de calquera cuestión ou recurso que apareza no desenrolo das mesmas.

Haberá medalla para todos os participantes da categoría A que rematen a proba, así como medalla ou trofeos para os tres primeiros clasificados e tamén trofeos para os tres primeiros clasificados do resto de categorías. A entrega de galardóns terá lugar no transcurso dun acto que dará comezo ás 14.30 horas.

A organización conta coa colaboración do Club Natación Cedeira Muebles García, Cedeira Sport, Arena, Cruz Roja e Protección Civil de Cedeira e panadería Durán para a celebración dunha convocatoria que suscita moita expectación, tanto a nivel local como comarcal e rexional, e á que o Concello invita a veciños e visitantes a seguir de cerca desde calquera dos puntos urbanos desde os que se poderá ollar.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies