Home / Cultura / ‘A tropa do doutor Milagre’ chegará o domingo a Narón da man de Cooperativismo en movemento 2018

‘A tropa do doutor Milagre’ chegará o domingo a Narón da man de Cooperativismo en movemento 2018

FERROL360 | Mércores 30 maio 2018 | 10:01

A praza de Galicia acollerá o domingo 3 de xuño o espectáculo A tropa do doutor Milagre. Esta actividade enmárcase no programa Cooperativismo en movemento 2018, impulsado polo Consello Galego de Cooperativas a través da subdirección Xeral de Emprego da Xunta.

A cita, de balde e dirixida ao público familiar, será a partir das 19.00 horas. As veciñas e veciños que o desexen poderán desfrutar do espectáculo protagonizado por un médico con dotes de inventor que vive diversas aventuras nun colorido bus de venda ambulante.

A música, a maxia, o baile e a comedia combinaranse neste espectáculo de rúa no que o doutor Milagre ofrecerá ao seu público diversos produtos efectivos contra unha serie de problemas, como a falla de apetito, a caída do pelo… buscando sempre a interacción cos asistentes.

Narón é un dos seis concellos de Galicia aos que chegará esta actividade de Cooperativismo en movemento 2018. A concelleira de Cultura valorou o feito de poder desfrutar de balde deste espectáculo e animou ás veciñas e veciños a acudir á praza de Galicia para, durante aproximadamente unha hora, poder ver unha proposta da compañía Inventi Teatro que calificou como «moi dinámica».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies