Home / Sociedad / Comunicación / A única radio libre de Ferrolterra comeza a súa tempada cunha Sesión Vermú

A única radio libre de Ferrolterra comeza a súa tempada cunha Sesión Vermú

FERROL 360 | Ferrol | Venres 13 septiembre 2013 | 17:13

Radio Filispim, a radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos, comeza mañá unha nova tempada nas ondas.
Xa son oito anos de emisións ininterrumpidas no 93.9 de FM e co gallo de presentar esta nova grella -a novena- e facer unha apertura oficial do ano radiofónico, convocan a toda a xente que queira acompañalos, mañá sábado a partires das 12:00 horas na traseira do mercado de Caranza.

A XIV Sesión Vermú de Radio Filispim será unha festa, na que haberá «saborosos petiscos, cervexas, vermú, música en directo e un sorteo de camisolas co logo da radio».
A música en directo corre a cargo do grupo Cuala tocamos?; pero todos os membros do Colectivo Opaíí! pasarán polos micrófonos da radio para presentar os seus programas en directo durante a sesión.

O Colectivo Opaíí! (Ondas para a Activación da Información Independente) é unha asociación cultural de Ferrolterra, que ten como obxectivo o de «activar, dinamizar e comunicar as luitas sociais e culturais da comarca» dun xeito prioritario a través de Radio Filispim.

Pola súa banda, Radio Filispim é unha radio libre e comunitaria do terceiro sector da comunicación -o primeiro o conforman os medios de comunicación públicos, o segundo sector abrangue aos medios privados e este terceiro, aos medios comunitarios sen ánimo de lucro coa finalidade de mellorar a sociedade da comunidades a que pertence-; integrada na Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (ReGARLIC) e na Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC), acolleu nos seus case nove anos de vida a «centos de persoas radioapaixoadas e ducias de colectivos e do tecido asociativo da nosa comarca».
De feito, segue a ofrecer o seu estudio de Caranza -antes no Ateneo-, a diferentes colectivos e persoas da comarca, que queran participar na radio. Só teñen que enviar as súas propostas a filispina@gmail.com

Cartaz da XIV Sesión Vermú de Radio Filispim

Cartaz da XIV Sesión Vermú de Radio Filispim

Programas de produción propia

Na grella pasada, foron 22 os programas que se emitiron dende a traseira do mercado de Caranza.
O Programa do Colectivo, Sin Fronteras, Divertimento para pequenos monstros, O Recuncho do colectivo Fuco Buxán, Baixo Lupa, Ponte en Galego, Pinchacarneiro de Asfedro, Diagnóstico Positivo da Asociación Lazos, Dalle que Dalle nas Ondas feito polos pequenos alumnos do colexio de Lago, Sonido Emergente, A fábrica de Lus, En Tránsito, Deporte Base, Caleidoscopio, Música surf e Medio Ambiente conducido polo ex alcalde Vicente Irisarri, 4º Mundo, O Souto de ADEGA ou Armónicos nas Ondas.

Ademáis, en Radio Filispim, no 93.9 de FM tamén podemos escoitar programas de produción allea e doutras radios libres galegas e estatais.
Lembrade, mañá a partires das 12:00 horas, na traseira do mercado de Caranza, presentación da novena grella na XIV Sesión Vermú.

Sobre Ferrol360

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies