Home / Ferrol / Cedeira / A unidade móbil da ITV para turismos desprazaráse a Cedeira este xoves e venres

A unidade móbil da ITV para turismos desprazaráse a Cedeira este xoves e venres

FERROL360 | Luns 5 maio 2014 | 19:58

Os veciños de Cedeira interesados en realizar a revisión da ITV do seu vehículo poderán facelo este xoves e venres, xa que a unidade móbil da ITV visitará a vila eses días. Así, desde o Concello lembran que aínda poden solicitar cita chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou entrando nesta páxina web e concretar o horario.

Desde xeito, os cedeireses interesados non terán que desprazarse a Ferrol para facer a ITV do seu coche. A unidade móbil ubicaráse no Camiño Real da Magdalena, fronte aos restaurantes A Revolta e O Areal.

Na xornada do xoves, o horario será de mañá e tarde, de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18.00 horas. Mentres, o venres limitaráse á mañá, de 09:00 a 13:30 horas. Os vehículos que poderán beneficiarse da medida serán aqueles con masa menor ou igual a 3.500 kilogramos. Isto é, turismos, quads e coches que non precisan carné para a súa condución.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies