Home / Actualidad / A UPG lembrará a Moncho Reboiras no 45 aniversario do seu asasinato

A UPG lembrará a Moncho Reboiras no 45 aniversario do seu asasinato

FERROL360 | Martes 11 agosto 2020 | 20:55

Como cada 12 de agosto a Unión do Povo Galego (UPG) conmemorará en Ferrol o aniversario do asasinato de Xosé Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras. Militante da UPG, Reboiras morreu nun portal da rúa da Terra por disparos da policía.

No 45 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras o programa de actos comprende a tradicional ofrenda floral no número 27 da rúa da Terra, a estrea dun documental sobre a figura do militante da UPG e unha serie de intervencións políticas.

Ás 17.00 horas terá lugar a estrea do documental Reboiras. Acción e Corazón , unha obra de Alberte Mera que se poderá visualizar nos cines Duplex. Un retrato da súa vida desde a vertente humana e política. A súa traxectoria e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que compartiron diversas etapas da súa vida. Haberá máis pases desde o venres.

Ás 19.30 horas terá lugar un acto no Cantón de Molíns coas intervencións de Iria Carreira, do Secretariado da UMG e deputada no Parlamento Galego; Ramón Fernández, deputado no Parlamento Galego e Néstor Rego, secretario Xeral da UPG e deputado no Congreso. Óscar Fojo será o encargado de poñer música aos actos en lembra de Moncho Reboiras.

A UPG convida a coñecer máis a fondo a figura de Xosé Ramón Reboiras Noia. http://upg.gal/historia/moncho-reboiras

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies