Home / Cultura / A VII Xornada de Cultura Popular Galega chega este sábado a San Sadurniño

A VII Xornada de Cultura Popular Galega chega este sábado a San Sadurniño

FERROL360 | Venres 25 setembro 2015 | 11:28

Todo listo en San Sadurniño para celebrar este sábado a VII Xornada de Cultura Popular Galega, organizada pola asociación folclórica e cultural Berros do Castro. A cita, que terá lugar na casa da cultura, consta dun obradoiro con inscrición previa, unha exposición e unha sesión musical con entrada de balde.

Nesta edición, o título da Xornada é «De vinilos, teclas e foles», xa que incluirá unha clase maxistral sobre acordeón a cargo do mestre Xan Pampín e unha mostra de vinilos antigos con gravacións de música tradicional. As actuacións correrán a cargo do propio Pampín, Donas e Galáns de Ferrol e o coro Novo Aires da Terra.

Durante a mañá desenvolverase o obradoiro sobre recursos básicos para o acordeón na música popular. Trátase dun curso intensivo de seis horas de duración dirixido a aquelas persoas iniciadas no instrumento ou que desexen afondar no seu coñecemento.

En canto á mostra, poderá visitarse ao longo de todo o día no recibidor da Casa da Cultura e nel poderemos ver unha ampla selección de portadas de discos en vinilo da música tradicional do país. As portadas son cesións temporais de diversas entidades e persoas moi vencelladas coa cultura musical galega.

Exposición de traxes

Como complemento da Xornada, Donas e Galáns tamén abrirá este martes na Casa do Concello unha exposición con varios dos seus traxes galegos. A galería municipal encherase con vestimentas tradicionais de muller e de home, unhas orixinais e outras de nova confección seguindo modelos antigos.

A colección é froito dun longo proceso de recuperación do traxe emprendido hai varios anos por esta agrupación. A mostra estará aberta ata o 23 de outubro e poderá visitarse na galería do primeiro andar da casa consistorial de luns a venres entre as 8.30 e as 14.30 e os sábados de 9.30 a 13.00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies