Home / Cultura / A web da Biblioteca de Narón renóvase para ser máis accesible e interactiva

A web da Biblioteca de Narón renóvase para ser máis accesible e interactiva

FERROL360 | Venres 27 febreiro 2015 | 17:46

Unha web máis dinámica e interactiva, pero conservando ó mesmo tempo os contidos principais, así é a renovada páxina da Biblioteca de Narón. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mª del Carmen Espada, foi a encargada de presentar a nova web e destacou que «temos incorporado seccións interactivas nas que a xente pode incluir aportacións e facer comentarios ou suxestións».

Espada tamén sinalou que se mellorou a navegación, «facéndoa máis sinxela e accesible para todos». A web conserva o mesmo enderezo, podes consultala aquí, e estrutúrase en catro grandes bloques con subcategorías de presentación, catálogo, actividades e galería audiovisual.

Os contidos da web da Biblioteca tamén poden ser compartidos polos usuarios nas diferentes redes sociais, ademais a Biblioteca Municipal do Alto contará cun perfil propio en Facebook en breve.

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies