Home / Ferrol / Ferrol / A Xerencia Integrada de Ferrol incorpora o láser verde á ciruxía urolóxica

A Xerencia Integrada de Ferrol incorpora o láser verde á ciruxía urolóxica

FERROL360 | Sábado 19 marzo 2016 | 20:49

A técnica cirúrxica a través da fibra óptica GreenLight Moxy, o que se coñece como o Láser Verde, incorpórase á Cirurxía de Uroloxía na Xerencia Integrada de Ferrol. Esta mesma semana, realizábanse as primeiras intervencións con esta nova parataxe no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Trátase dunha técnica minimamente invasiva que se emprega para o tratamento da Hiperplasia Benigna de Próstata (HBP), que implica diferentes síntomas urinarios problemáticos e molestos. Consiste en introducir unha fibra de láser verde endoscopicamente a través da uretra do varón e a luz vaporiza o tecido prostático converténdoo en vapor de auga. Está indicada para chegar ó lugar desexado e realizar incisión ou escisión cirúrxica, vaporización, ablación, hemostasia ou coagulación de tecido brando.

Entre as vantaxes do láser verde está un menor risco de sangrado, reducíndose case a cero, e un tamén menor tempo de sonda necesario. O período de hospitalización do paciente acúrtase considerablemente pasando incluso, ás veces, ás 24 ou 48 horas. Esta técnica de láser verde só se empregaba na actualidade en Coruña e Pontevedra.

«Ata o de agora facíase a técnica da resección transuretral de próstata, unha técnica magnífica que é moi efectiva», explicou o xefe do Servizo de Uroloxía, Andrés Rodríguez Alonso. Agora, asegura, «pódese operar tamén con menos risco a pacientes cun peor estado xeral debido a problemas cardiovasculares ou respiratorios engadidos».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies