FERROL360 | M?rcores 4 decembro 2013 | 17:50
Os concellos de A Capela, As Pontes, Cabanas, Monfero e Pontedeume recibir?n preto de 243.000 euros para levar a cabo actividades de conservaci?n e protecci?n do contorno no Parque Natural das Fragas do Eume. Tr?tase dunhas subvenci?ns da Xunta de Galicia que te?en por obxecto a realizaci?n de actividades de conservaci?n dos recursos naturais e fomento de acci?ns para a poboaci?n local de cara ao desenvolvemento sustentable dos espazos declarados como parques naturais.
As?, o Concello de A Capela levar? a cabo a mellora da ruta de sendeirismo circular do Cami?o Vello de Monfero, as? coma a do miradoiro de Teixido. O Concello de As Pontes realizar? a limpeza de cami?os en A Faeira, San Pedro do Eume e Bermui. Mentres, o Concello de Cabanas acometer? traballos de contenci?n do terreo no lugar de Eir?s, reparar? o cami?o de Casavella a Fonte e, por ?ltimo, acondicionar? o igrexario de Santa Eulalia de Soaserra.
Pola s?a banda, Monfero acondicionar? e sinalizar? a ruta verde de San Bartolom? e acondicionar? o cami?o de Vilaxestoso ao punto limpo. Por ?ltimo, Pontedeume mellorar? a paisaxe agraria e a sinalizaci?n, eliminar? un vertedoiro e recuperar? unha fonte-lavadoiro.
Proximamente, a Xunta tam?n resolver? as axudas destinadas a particulares e empresas, para os cales as actuaci?ns desenvolveranse entre os anos 2014 e 2015. Neste caso, poder?n ser beneficiarios das mesmas as persoas f?sicas que residan e/ou sexan propietarias de terreos nalgunha das parroquias inclu?das no parque natural e titulares, propietarios ou arrendatarios de explotaci?ns agrarias e gandeiras situadas dentro do parque natural.
Tam?n poder?n ser beneficiarios as comunidades de montes veci?ais en man com?n situadas total ou parcialmente no Parque Natural, as asociaci?ns con sede social ou, como m?nimo, co 50 % dos seus socios con residencia nalg?n dos concellos onde se sit?e o parque natural, as? como as empresas que te?an o seu domicilio fiscal nalg?n dos municipios en que se sit?e o parque natural.
Debate sobre el post