Home / Actualidad / A Xunta e o Concello de Ferrol defenden a innovación e a diversificación do naval no 54 Congreso de Enxeñeira Naval e Marítima

A Xunta e o Concello de Ferrol defenden a innovación e a diversificación do naval no 54 Congreso de Enxeñeira Naval e Marítima

FERROL360 | Sábado 17 outubro 2015 | 16:36

A última xornada do 54 Congreso de Enxeñeira Naval e Marítima, que celebrouse en Ferrol desde este mércores e ata este venres, contou coa participación do director do Igape, Javier Aguilera, e do alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, que impartiron diferentes conferencias sobre o futuro do sector naval.

Na súa intervención, Aguilera destacou a aposta pola innovación do naval galego como porta de acceso a novos mercados exteriores e, pola súa banda, Suárez defendeu a inversión en industria naval e a diversificación dos productos como vías de progreso da comarca de Ferrolterra.

O director do Igape participou nunha mesa redonda sobre a internacionalización do naval galego e salientou o potencial do sector para modernizarse e medrar contando co apoio do CIS Galicia como centro de referencia para incorporar innovación.

Aguilera referiuse aos países do norte de Europa e a Rusia como algúns dos mercados onde o os estaleiros galegos están a localizar novos negocios e alianzas, e destacou os esforzos de Aclunaga para incrementar o volume de negocio internacional. Tamén recoñeceu que o sector naval de Galicia está a buscar e a atopar negocio noutras áreas xeográficas como América Latina, onde o clúster Aclunaga asinou este ano acordos de colaboración con entidades sectoriais brasileiras.

Aguilera destacou que o Igape coordina actualmente un amplo abano de servizos, tanto en orixe como en destino, e diferentes liñas de axuda destinadas a apoiar a internacionalización das empresas galegas, ben de xeito individual, ben de maneira colectiva, no marco de proxectos agrupados.

Inversión e diversificación

Na súa conferencia, o alcalde de Ferrol fixo fincapé no vínculo histórico da cidade co mar e nas oportunidades de futuro, que pasan pola vontade política defender o potencial do naval galego, en concreto de Navantia Fene e Ferrol.

Neste senso, Suárez avogou por empurrar a especialización na reparación naval, complementada con outras vías de negocio como a eólica mariña, para diversificar mercados e produtos, e a aposta decidida polo I+D+i como valor engadido.

Suárez fixo autocrítica na falla de acerto que esquerdas e dereitas tiveron no naval e pediu a implicación da banca para que o crédito poida fluír cara as empresas de xeito que as gradas se enchan de «chispas da soldadura, grúas en movemento e buques recén botados».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies