Home / Ortegal / Cariño / A Xunta e o Porto de Ferrol queren reforzar o cabo Ortegal como reclamo turístico

A Xunta e o Porto de Ferrol queren reforzar o cabo Ortegal como reclamo turístico

FERROL360 | Xoves 7 novembro 2013 | 18:01

A delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, acompañaba este xoves ao presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Manuel Vilariño, ás inmediacións do cabo Ortegal, no concello de Cariño.

A finalidade da visita era supervisar as obras executadas nas proximidades do faro situado neste enclave. Os traballos que se están a levar a cabo para recuperar a senda peonil e os acesos a esta zona están xa na súa recta final. O proxecto, que contou cun investimento de 500.000 euros por parte do ente portuario, contempla un sendeiro que bordeará o litoral. Ademais, estase a habilitar un acceso rodado ata o faro e unha zona de aparcamento.

Do Campo, que agradeceu a colaboración da Autoridade Portuaria co Goberno galego, sinalou que o cabo Ortegal «representa moi ben os obxectivos da Xunta de Galicia na promoción turística, pois móstranos un destino onde a preservación ambiental, territorial, paisaxística e patrimonial está moi presente, converténdose nun elemento distintivo».

Ruta dos faros

A delegada territorial aproveitou a visita a Cariño para facer balance do funcionamento da Ruta dos Faros.

Esta iniciativa, enmarcada nun convenio entre a Xunta e Renfe, púxose en marcha no mes de xuño e permite coñecer paisaxes como a Illa de San Vicente, os cabos de Estaca de Bares e Ortegal, o miradoiro de Vixía Herbeira ou a praia das Catedrais.

Ao longo do verán, foron 415 os viaxeiros que viviron a experiencia de coñecer varios lugares distintos cunha ruta que combina o transporte ferroviario con excursións en microbuses.

Visita de las autoridades al faro de Cabo Ortegal, en Cariño (foto: Xunta)

Visita de las autoridades al faro de Cabo Ortegal, en Cariño (foto: Xunta)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies