Home / Ferrol / Cedeira / A Xunta investirá 159.000 euros na posta en valor de San Andrés de Teixido

A Xunta investirá 159.000 euros na posta en valor de San Andrés de Teixido

FERROL360 | Martes 24 xuño 2014 | 16:39

O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, asinou un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia por un valor de 159.948 euros para a posta en valor de San Andrés de Teixido, o segundo centro de peregrinaxe de Galicia tan só por detrás de Compostela. Os fondos irán destinados á recuperación de hórreos e fontes e tamén servirán para homoxeneizar os postos de venda dos veciños, así como para dotalos de personalidade propia.

O obxectivo é a posta en valor de San Andrés erradicando o feísmo e convertindo o lugar nun exemplo da arquitectura tradicional galega, potenciando ao tempo o seu poder turístico. Xa coa segunda fase desde convenio, e tamén a través da Axencia Turismo de Galicia, se destinaban 100.000 euros a obras de mellora das fachadas das 22 vivendas unifamiliares que compoñen o pequeno núcleo poboacional.

Así mesmo, Luis Rubido tamén sinalou que en datas próximas a Deputación provincial formalizará a concesión dunha achega para financiar as obras necesarias para realizar a traída das au-as a San Andrés. Intervención de captación e construcción da rede que, sen dúbida, facilitará o desenvolvemento da hostelería en Teixido.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies