Home / Actualidad / A Xunta investirá más de 733.000 na mellora do saneamento de Cedeira

A Xunta investirá más de 733.000 na mellora do saneamento de Cedeira

FERROL360 | Luns 18 xullo 2016 | 14:49

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá en Cedeira 733.650 euros, con cargo a fondos europeos, co obxectivo de mellorar o saneamento desta localidade. Así se establece no convenio de colaboración asinado pola conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda.

As actuacións consistirán na construción dunha nova rede separativa de pluviais, deixando os colectores existentes exclusivamente para o transporte de augas fecais. Así mesmo, renovarase o tramo de colector que parte do Polígono da Xunqueira, posto que actualmente sofre filtracións e é necesario impermeabilizar os pozos de rexistro da rede.

Segundo destacou Mato, este tipo de colaboracións entre a Xunta e os concellos garanten a subministración de auga en calidade e cantidade á cidadanía e dan cumprimento á Directiva Marco da Auga.

Deste xeito, a Xunta axuda ás entidades locais a mellorar a rede de abastecemento secundaria; e garántese o abastecemento e regulación dos recursos hídricos en calidade e cantidade coa realización das obras de infraestrutura necesaria, velando así mesmo polo seu consumo responsable e fomentado o seu aforro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies