Home / Actualidad / A Xunta inviste 116.000 euros en diferentes actuacións en As Somozas

A Xunta inviste 116.000 euros en diferentes actuacións en As Somozas

Ovidio Rodeiro, e o alcalde de As Somozas, Juan Alonso Tembrás (foto: Xunta)
Ovidio Rodeiro, e o alcalde de As Somozas, Juan Alonso Tembrás (foto: Xunta)

FERROL360 | Luns 5 marzo 2018 | 9:53

O delegado territorial da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro e o alcalde de As Somozas, Juan Alonso Tembrás asinaron as actas de recepción das obras con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

No acto acordouse un investimento de algo máis de 116.000 euros en diversos proxectos, dos que o máis destacado é o acondicionamento do entorno das edificacións que integran a Aula da Natureza do Seixidal.

En concreto, as obras executadas consistiron na limpeza e nivelación do terreo circundante, a construción de varios tramos pavimentados con formigón impreso e a instalación de diferentes puntos de luz.

As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.

Estas axudas están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

Mellora enerxética vivendas en Cerdido

Por outra banda, a Xunta de Galicia destina un investimento de case 400.000 euros ás obras de mellora da eficiencia enerxética de 12 vivendas de promoción pública en Cerdido. Seis das vivendas sobre as que a Xunta vai actuar están emprazadas en Vila da Igrexa e as outras seis en As Felgosas.

Estas actuacións, que veñen de licitarse, están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O prazo de execución das obras será de catro meses dende o inicio das mesmas. As empresas interesadas dispoñen de 26 días naturais para presentar as súas ofertas, polo que a data límite é o vindeiro 27 de marzo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*