Home / Actualidad / A Xunta inviste un millón de euros en acondicionar a estrada entre O Barqueiro e Bares

A Xunta inviste un millón de euros en acondicionar a estrada entre O Barqueiro e Bares

FERROL360 | Domingo 4 marzo 2018 | 12:27

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda adxudicou as obras para acondicionar a estrada AC-100, no treito entre O Barqueiro e Vila de Bares, por un investimento de case un millón de euros.

Esta actuación está enmarcada na planificación da Xunta co obxectivo de mellorar as estradas que conectan as comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal e A Mariña Lucense.

O proxecto ten un prazo de execución de nove meses e desenvólvese na estrada AC-100, no Concello de Mañón, entre a saída da travesía do Barqueiro e na entrada a Bares, concretamente, entre os puntos kilométricos 0 +000 e 5 +250.

Os traballos de acondicionamento ampliarán e distribuirán o ancho de da estrada para conseguir unha plataforma de 6,5 metros e colocar unha cuneta de seguridade de ancho de 0,75 metros.

A actuación compleméntase coa reposición do firme, limpeza das obras de drenaxe existentes e a renovación da sinalización horizontal e vertical, balizamento e defensas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies