Home / Eume / A Xunta permite queimas forestais desde o luns

A Xunta permite queimas forestais desde o luns

FERROL360 | Domingo 7 abril 2019 | 18:44

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural permitirá de novo dende o luns día 8 de abril, tramitar permisos para facer queimas forestais de acordo coa normativa de aplicación, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten.

Isto significa que o 10 de abril será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, a partir do vindeiro luns ás 00:00 horas poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería de Medio Rural neste enlace.

Ademais, en días laborais, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Deste xeito, todos os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior.

En todo caso, recordamos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*