Home / Ferrol / Cedeira / A Xunta pon en marcha a campaña comercio con talento para impulsar a innvocación

A Xunta pon en marcha a campaña comercio con talento para impulsar a innvocación

FERROL360 | Luns 25 abril 2016 | 17:39

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentou este luns no CIFP Ucha Piñeiro de Ferrol a segunda edición da campaña Comercio con talento. Unha iniciativa coa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria busca impulsar a innovación e o emprendemento no eido comercial entre os mozos.

Na campaña poden inscribirse todos os alumnos dos centros galegos que imparten os ciclos de grao medio de Actividades comerciais e de grao superior de Xestión de vendas e espazos comerciais. Na nosa comarca participan o CIFP Ucha Piñeiro e o IES Punta Candieira, de Cedeira.

O concurso celebrarase durante os meses de abril e maio. Esta iniciativa consiste en que os estudantes avaliarán o comercio da súa comarca para finalmente seleccionar un negocio. As tarefas de busca do local con talento realizaranse baixo a supervisión e control do centro educativo.

A continuación, os participantes terán que elaborar un proxecto sobre o comercio elixido, para o que deberán contar coa autorización do propio establecemento. Aínda que o concurso é individual, dous ou máis alumnos si poden escoller o mesmo comercio, repartíndose o premio entre eles de resultar o negocio gañador.

Os proxectos teranse que enviarse antes do 15 de maio e un xurado especializado escollerá aos 14 comercios con máis talento de entre os propostos. Ademais, fará unha preselección doutros 20 que se publicarán no Facebook do Portal do Comerciante para que un dos 15 premios sexa decidido polo número de me gustas que reciba.

O fallo do xurado está previsto que se emita durante a primeira semana de xuño e a lista cos alumnos gañadores publicarase a continuación na web do Portal do Comerciante e nas redes sociais de Facebook e Twitter. Os autores dos 15 proxectos gañadores recibirán un iPad mini como premio.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies