Home / Actualidad / A Xunta realizará obras de mellora do firme en varias estradas de Ferrolterra e Ortegal por 812.000 euros

A Xunta realizará obras de mellora do firme en varias estradas de Ferrolterra e Ortegal por 812.000 euros

FERROL360 | Venres 5 xaneiro 2018 | 11:53

Un total de 13 empresas presentaron as súas ofertas para levar a cabo as obras de reforzo de firme localizado de varias estradas autonómicas nas comarcas de Ferrol e Ortegal por un importe de máis de 812.000 euros. As actuacións teñen un prazo de execución de tres meses.

Trátase de actuacións de arranxo da capa de rodadura en treitos das estradas AC-100, AC-102, AC-110, AC-116, AC-566, AC-861 e AC-862, ao seu paso polos Concellos de Ferrol, Cedeira, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Cerdido.

Na estrada AC-100, no Concello de Mañón, as obras consistirán no fresado e reposición completa dos dous carrís entre o Pq. 0 e o 0+300 (travesía do Barqueiro) e dende o 0+600 ata o 0+700; e entre o Pq. 6+000 e o 6+700, e do carril dereito desde este punto ata o final da estrada (6+850), en Porto de Bares.

Na AC-102, actuarase entre o Pq. 1+050 e o 3+000, no Concello de Cerdido, e dende o 7+000 ata o 8+900, no Concello de Cedeira. Na estrada AC-110, o treito obxecto das melloras é o comprendido entre o Pq. 0+100 e o 2+600, no Concello de Cerdido, e no entorno do Pq. 11+600, o 15+300 e o 17+800, no Concello das Somozas.

Na AC-116, rehabilitarase o firme nas glorietas dos puntos quilométricos 2+700, 9+300, 11+000 e 12+360, nos Concellos de Narón e Valdoviño. Na AC-566, o proxecto contempla o fresado e reposición localizados entre o Pq. 8+200 e o 8+500, na Travesía de Campo, no Concello de Valdoviño; e no tramo entre os Pq. 20+100 e 20+500, no mesmo municipio.

Na AC-861, prevese a rehabilitación localizada do firme na travesía das Pontes, entre o Pq. 26+000 e o 26+300, antes da central térmica; dende o 26+750 ao 27+400; e dende o 32+200 ao 36+800, na contorna do lago de As Pontes, ata Espiñaredo.

Na AC-862, levarase a cabo o fresado e reposición localizados no entorno do Pq. 67+800 e 68+300, no Concello de Mañón. Mellorarase a drenaxe transversal e repoñeranse paneis direccionais.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*