Home / Cultura / A XVII edición do Grelo Folc encherá este sábado de música e actividades o Mosteiro de Monfero

A XVII edición do Grelo Folc encherá este sábado de música e actividades o Mosteiro de Monfero

FERROL360 | Xoves 13 outubro 2016 | 12:09

Un ano máis a Asociación Cultural o Abordelo organiza o festival de música galega Grelo Folc, que nesta edición cumpre 17 anos. O adro do Mosteiro de Monfero acollerá as actividades, que se desenvolverán ao logo de toda a xornada do sábado 15 de outubro. Haberá sesión vermú, xantar popular, actividades infantís e actuacións variadas, a partires das 22:00 horas.

A festa arrancará cunha sesión vermú a cargo da charanga Os veraneantes. A continuación, terá lugar un xantar popular para o que hai que anotarse nos teléfonos: 679 251 163 ou 698 166 277, ou a través do correo: oabordelo@gmail.com.

Os peques da casa gozarán do seu festival particular: A Nabiciña. Así, a partir das 16:00 horas haberá xogos e actividades infantís. Xa ás 18:00 horas comezará o concerto do grupo eumés de música infantil Palitroke. Ademais, haberá merenda gratuíta para todos os nenos.

Os concertos do festival, que será de balde, comezarán a partir das 22:00 horas coas seguintes actuacións: No Cómbaro, coa súa música tradicional feita nas Pontes; O Puto Coro do Exército Froilanista, coa súa retranca musical da banda oficial do Partido Froilanista; Sonoro Maxín, cos seus ritmos descompasados e Muebles Mendoza, unha banda de versións dos compoñentes de Familia Caamagno.

O festival contará cunha carpa e zonas de acampada libre.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies