FERROL360 | Martes 14 xullo 2015 | 16:11
A área Recreativa do Castro en Cerdido acolle este venres a inauguración da XXVII edición de Recrearte. A cita será a partires das 20:30 horas e os asistentes poderán ollar a mostra fotográfica de Esperanza Vázquez que ten por título +Art: Surf, grafittis e meninas, para mín tres artes.
Ademais, haberá unha actuación musical de acorderón e gaita a cargo dos pequenos: Beatriz Leonardo Labraña e Alexandre Labraña. A mostra de Esperanza Vázque poderá visitarse os días 18 e 19 e 25 e 26 de xullo. Xa no mes de agosto tocaralle o turno a Vanesa Cebreiro que exporá os días 1 e 2 e 8 e 9 de agosto.
Recrearte naceu como un espazo público para o encontro de distintas sensibilidades creativas que sirva de plataforma de coñecemento e promoción de artistas da comarca. Unha alternativa ó desenvolvemento social e cultural, promovendo actividades que posibiliten a toda a poboación novas canles para o disfrute do tempo de ocio.