FERROL360 | Domingo 15 agosto 2015 | 12:10
A XXXVII Mostra de Teatro Galego de Cariño, que se desenrolará do 17 ao 21 de agosto no Auditorio municipal, congregará a un total de dez grupos de teatro que poñerán en escea obras para público infantil e tamén adulto.
Así, haberá dúas sesións diarias comezando ás 12:00 horas coa infantil e para as 22:00 horas está programada a de adultos. O prezo das sesións será de 1 euros por persoa na sesión infantil e 5 euros por persoa na de adultos.
O luns 17 de agosto o grupo Elefante Elegante porá en escea a obra para nenos Aurora, mentres que Mofa e Befa subiranse ao escenario ás 22:00 horas para interpretar a obra Bobas & Galegas. O martes, Títeres Cachirulo representará a función infantil Do, Re, Mi, Mozart xoga aquí e Chévere fará o propio coa obra para adultos As Fillas Bravas.
Xa o mércores 19 Títeres Trompicallo escenificará o conto Rumpelskitin O Enano Saltarin e A Panadaría porá en escea Pan! Pan!. O xoves o teatro regresará ás 12:00 horas da man de Baobab e a súa función Martes. Pola noite tócalle o turno a ArtesaCía con Balor Na Acción Nunha Cadeira.
O último día, o venres, o grupo Falcatrúa subirase ao escenario para interpretar O Espíritu Do Bosque e Chévere porá o punto e final da XXXVII Mostra de Teatro Galego de Cariño con Ultranoite No País Dos Ananos.