Home / Cultura / Aberta a convocatoria do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

Aberta a convocatoria do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

FERROL360 | Luns 12 xuño 2017 | 10:08

O Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene convoca unha nova edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, que este ano cumpre 30 anos. As persoas interesadas en participar neste certame deberán presentar antes do 15 de setembro un libro de poesía en lingua galega cunha extensión mínima recomendada de 300 versos.

Como novidade nesta XXX edición, os libros presentaranse en formato dixital. A escolla ortográfica dos libros non será obxecto de valoración por parte do xurado. Os textos enviaranse por correo electrónico en formato PDF ao enderezo correo@paralle.org e deberán incluír dous arquivos: un titulado ‘obra’ e outro ‘plica’, seguidos ambos polo título ou o lema do libro.

O arquivo denominado ‘obra’ non incluirá ningunha referencia ao autor ou autora da mesma. No outro, indicarase a información seguinte: o título ou o lema do libro, nome completo do autor ou autora, DNI ou pasaporte, enderezo e datos de contacto (teléfono e enderezo electrónico). No caso da publicación previa dun libro individual, deixarase constancia na plica do título da obra,

O premio consistirá na edición do libro gañador na colección de Poesía Espiral Maior -a de maior traxectoria na edición de poesía en toda a historia da literatura galega- no máis breve prazo. Terá tamén unha gratificación económica de 2.000 euros.

O xurado do certame estará composto por tres persoas de recoñecida traxectoria no ámbito da escrita literaria, da edición ou da crítica. A entrega do premio terá lugar o no mes de novembro de 2017 nas instalacións do CMI de Fene.

Para máis información e para consultar as bases completas podedes consultar a web do certame o a web do Concello de Fene.

O Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, que conta coa colaboración do Concello de Fene, naceu para homenaxear a un dos máis renomeados socios do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene. O certame ten como obxectivo premiar un libro de autor inédito en lingua galega, promovendo así a inclusión de novas voces no sistema literario galego.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies