Participantes en la edición BTT cidade de naron 2018 (foto: Facebook Club Ciclista MTB Eskornabois)
Xa está aberto o prazo de inscrición da quinta Ruta BTT «Cidade de Narón», Ruta dos Muíños, que se celebrará o vindeiro domingo 8 de setembro con saída ás 09:30 horas da zona do Centro Comercial Odeón.
A organización da carreira corre a cargo do Clube Ciclista MTB Eskornabois e esperan acadar un número de participantes de ata 300 ciclistas.
As inscricións poderán realizarse ata o día 4 de setembro e os participantes poderán escoller entre dous tipos de ruta segundo o seu nivel físico: unha de dificultade baixa cun total de 30 kilómetros e outra de dificultade media que terá un recorrido de 49 kilómetros.
Ó finalizar a proba as persoas que participen en calqueira das dúas rutas poderán facer uso das instalacións do pavillón polideportivo de A Gándara para bañarse ou cambiarse.
Os participantes nesta ruta cicloturista pasarán por lugares tan emblemáticos coma o Mosteiro do Couto, o Muiño das Aceñas, o Río Xuvia e a área recreativa do Muiño de Pedroso.
Dúas rutas
A organización quere facer notar que o percorrido desta edición é especialmente bonito e que de seguro será do gusto de todas as persoas participantes polo feito de ter contemplado nos dous tipos de rutas a posibilidade de abrir a participación a persoas máis ou menos experimentadas nesta práctica deportiva
A inscripción na proba pode realizarse no seguinte enlace.
Os representantes do Club Ciclista Eskornabois agradeceron ao Concello e Padroado de Deportes o gran apoio a este evento deportivo desde o seu inicio e que xa se pode considerar consolidado dentro das actividades deportivas anuales do municipio vendo cómo ano a ano aumenta a afluencia de ciclistas.