Home / Cultura / Aberto o prazo de inscrición para a Escola de Música Moderna e as Aulas de Ensaio de Narón

Aberto o prazo de inscrición para a Escola de Música Moderna e as Aulas de Ensaio de Narón

FERROL360 | Venres 25 outubro 2013 | 18:06

Os naroneses interesados en asistir á Escola de Música Moderna, ou en utilizar as aulas de ensaio desta escola xa poden realizar a súa inscrición. Para participar nas actividades, é preciso cubrir unha instancia e presentala na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada no primeiro andar do Concello. Pódese obter máis información chamando ó teléfono 981 337700 -extensión 1103- ou por correo electrónico no enderezo omix@naron.es

Hai clases de guitarra, batería e baixo, e están dirixida a mozos con idades preferentes de 12 a 26 anos, e empadroados en Narón. As clases e ensaios darán comezo no mes de novembro e prolongaranse ata o mes de maio, ambos incluídos. Os horarios son os seguintes: guitarra, grupo de iniciación, xoves de 16:00 a 18:00 horas; grupo de perfeccionamento, luns de 17:00 a 19:00 horas. Batería, mércores de 16:30 a 18:30 horas. Baixo, mércores de 18:30 a 20:30.

As Aulas de Ensaio estarán dispoñibles os martes de 18:30 a 20:00 horas, os venres de 16:00 a 17:30 horas e os sábados de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 17:30 horas.

A intención da Escola de Música Moderna é formar músicos, orientalos e preparalos para aprender a tocar calquera estilo, mediante un método próximo e sinxelo. Nos locais de ensaio ofrécese asesoramento musical e técnico, poñendo ó servizo dos usuarios o material necesario -baterías, percusións, amplificadores, teclado, equipo de voces, microfonía e PC-.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies