Home / Sociedad / Tendencias / Mercadillos / Aberto o prazo de inscrición para participar no mercadiño artesán do Oenach Atlántico de Sedes

Aberto o prazo de inscrición para participar no mercadiño artesán do Oenach Atlántico de Sedes

FERROL360 | Domingo 5 julio 2015 | 18:16

Os interesados en participar no mercadiño artesán do XVII Oenach Atlántico de Sedes xa poden formalizar as súas inscricións a través do teléfono: 626.378.685 de luns a venres, en horario de 08.00 a 14.00 horas. Tamén poden enviar un correo electrónico cos seus datos a: d.canovas@naron.es. As prazas son limitadas.

O XVII Oenach Atlántico de Sedes celebrarase os días 31 de xullo e 1 e 2 de agosto na campa da Feira do Trece. O evento, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, reúne cada ano a milleiros de persoas que gozan dos diversos espectáculos e actividades que se combinan con degustacións gastronómicas e que recordan as orixes celtas da localidade e tamén a cultura castrexa.

A concellería de Turismo e o Padroado da Cultura de Narón, a Xunta de Galicia e a AVV Rosa dos Ventos de Sedes, son os organizadores do evento.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies