FERROL360 | Venres 21 novembro 2014 | 13:29
Os interesados en participar no Mercado de Segunda Man de Sedes que se celebrará o vindeiro 21 de decembro xa se poden inscribir no Concello de Narón. Deberán cubrir a solicitude e presentala no Rexistro Xeral, en horario de mañá. Ofrécense 120 postos que se asignarán por rigorosa orde de inscrición.
Os participantes deberán ser maiores de idade e non poderán ser comerciantes nin vendedores ambulantes. A inscrición é de balde e esixirase compromiso de asistencia e a aportación solidaria dun quilo de alimentos ou produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón.
Ó igual que en edicións anteriores, non se admitirá a venda de animais, produtos alimenticios ou bebidas. A organización proporcionará unha mesa e unha cadeira a cada participante inscrito. O mercado se celebrará no Recinto Feiral do Trece en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.