Home / Ferrol / Narón / Aberto o prazo de inscrición para participar no programa ConciliaEscola durante a Semana Santa

Aberto o prazo de inscrición para participar no programa ConciliaEscola durante a Semana Santa

FERROL360 | Xoves 12 marzo 2015 | 18:36

Os naroneses interesados en anotar aos seus filos no programa ConciliaEscola durante a Semana Santa xa poden realizar as inscipcións no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8:30 a 13:00 horas. Teñen de prazo ata o 21 de marzo e a concesión de prazas realizarase por orde de inscrición.

O obxectivo deste programa é ofrecer servizos para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal das mulleres con fillos ó seu cargo. Para iso, o Concello ofertará 20 prazas para nenos de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

Nesta ocasión, realizaranse actividades educativas como obradoiros de cociña, aula de natureza, e obradoiros deportivos e de aire libre na área medioambiental do Río Xuvia (Pedroso). O programa desenvolverase nas seguintes datas: 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril.

Para facilitar o traslado dos participantes, o Concello porá á súa disposición un servizo de transporte. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ó Servizo Sociocomunitario Municipal e no teléfono 981.33.77.00 – extensión 1113.

Publicidad

Campaña Día del Padre Odeón

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies