Home / Sociedad / Empleo / Aberto o prazo de inscrición para participar nun programa de mellora do emprendemento xuvenil

Aberto o prazo de inscrición para participar nun programa de mellora do emprendemento xuvenil

FERROL360 | Domingo 21 agosto 2016 | 12:28

A Concellería de Formación e Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, colabora nun programa de Formación e acompañamento para a mellora do emprendemento xuvenil no Concello de Narón desenvolvido pola Fundación Galicia Innova, respaldado pola Fundación Incyde e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

A iniciativa diríxese a persoas menores de 30 anos, desempregadas e tituladas en Formación Profesional e Universitarias, rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Entre os seus obxectivos están fomentar o espíritu emprendedor e a cultura emprendedora entre os mozos e mozas.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través desta páxina web, dispoñendo de prazo ata o vindeiro 23 de setembro. A organización seleccionará a un total de vinte e cinco candidatos nos concellos de Ferrolterra, dos que quince realizarán finalmente este programa formativo.

A transformación de ideas en proxectos concretos e facilitar a incorporación ao mercado laboral das persoas beneficiarias están tamén entre os obxectivos desta proposta, que se impartirá a través de itinerarios de emprendemento xuvenil, tal e como recordou Natalia Hermida.

A fase formativa a desenvolver –nunhas instalacións aínda por determinar- consta de cinco módulos e comezará o 3 de outubro. Habilidades; Estratexia; Creación; Comunicación e Plans de negocio serán as temáticas a abordar neste programa, con 32 horas de formación grupal e 16 de titorías individuais.

A fase final, de mentoring aos emprendedores, consistirá nun plan de apoio individualizado que consta de cinco sesións para poñer en marcha os diferentes proxectos. As persoas que desexen recibir máis información ou inscribirse poden facelo a través da dirección de mail: formacion@fundaciongaliciainnova.org, do número de teléfono 881 929 102, ou desta páxina web.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies