Home / Deportes / Atletismo / Aberto o prazo de inscripción no XXIX Cross Popular de Santa Marta

Aberto o prazo de inscripción no XXIX Cross Popular de Santa Marta

FERROL360 | Domingo 8 xullo 2018 | 11:42

O Concello de Cabanas abriu o prazo de inscrición no XXIX Cross Popular de Santa Marta que se celebrará o vindeiro domingo 29 de xullo no piñeiral da praia da Madalena. O evento coincidirá coa última xornada da famosa Romaría de Santa Marta.

O percorrido estará delimitado con cinta e discurrirá integramente polo interior do piñeiral, con distancias segundo a categoría de entre 1.000 e 7.000 metros. A primeira carreira comezará ás 11:00 horas, namentres que a última pechará a xornada ás 12:45 cun percorrido de 100 metros para todos os nenos e nenas nados dende o ano 2014 ata hoxe.

De forma excepcional, no lugar da carreira, tramitaranse inscricións ata unha hora antes da saída da proba, na carpa habilitada ao efecto pola organización.

Ademais, lembrar que os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán trofeo, así como os vencedores absolutos das categorías masculina e feminina que percibirán un trofeo adicional.

Finalmente, co gallo de fomentar a participación das categorías de base, o Concello premiará a todos os nenos e nenas nados no ano 2011 e posteriores que completen o circuito cunha medalla de regalo.

As persoas interesadas en correr este clásico do verán xa poden anotarse no Concello de Cabanas chamando ao teléfono 981 49 59 59 extensión 3, ou mandar un correo á seguinte dirección web cultura@cabanas.gal.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*