Home / Sociedad / Tendencias / Mercadillos / Aberto o prazo para anotarse na XXIV Feira da plantación de San Sadurniño

Aberto o prazo para anotarse na XXIV Feira da plantación de San Sadurniño

San Sadurniño abre o prazo de reserva de espazos para a Feira da plantación (foto: Concello de San Sadurdiño)
San Sadurniño abre o prazo de reserva de espazos para a Feira da plantación (foto: Concello de San Sadurdiño)

FERROL360 | Luns 8 abril 2019 | 19:40

O próximo día 28 de abril os amantes dos cultivos de plantas e flores teñen unha cita na 24ª edición da Feira da plantación de San Sadurniño que xa ten aberto o prazo de reservas para os diferentes postos. O encontro celébrase dende fai anos e é un dos eventos máis concorridos dos que organiza o Concello.

A feira é o escaparate perfecto para que empresas e persoas relacionadas co sector agrario, en especial, productos alimentarios, plantas de temporada e árbores froiteiras expoñan os seus produtos que este ano inclúe sementes, ferramentas e tamén maquinaria.

Os postos que desexen participar na feira poden tramitar as súas inscripcións como máximo ata as 14:00 horas do 24 de abril.

A estructura do evento manterá a disposición de anos anteriores cunha carpa adicada a flor, outra a planta ornamental e a artesanía relacionada.

Ademais, na rúa paralela ao colexio público e os arredores haberá un espazo reservado para os postos dos morteiros, de produto alimentario fresco e elaborado e de ferramentas e incluso de pequena maquinaria.

Así, a feira arrancará ás 10:00 horas e abrirá ata ás 19:30 horas dispoñendo para a venda productos de cultivo, flores ou plantas. Tamén haberá tempo para actividades para todos os públicos, incluídos os máis pequenos. De 12:00 a 17:00 horas haberá un obradoiro infantil de elaboración de queixos.

A partires das 17:30 horas a Asociación Brío ofrecerá unha exhibición de baile e, como é tradición, con cada compra que se faga poderemos entrar nos dous sorteos de lotes de produtos que se celebrarán ás 14:15 e ás 19:15 horas.

Ademais, fágase ou non compra, todo o mundo que pase polo posto do Concello levará de agasallo unha planta ornamental.

O programa complétase co espectáculo do Mago Antón «A volta a Galicia en 313 concellos» dentro dun grande «magomóbil» con capacidade para 70 persoas por función.

O ilusionista chega a San Sadurniño cun espectáculo de maxia e humor e con seis pases gratuítos, tres pola mañá ás 11:30, 12:30 e 13:30 horas e tres pola tarde, ás 16:30, 17:30 e 18:30 horas.

As persoas interesadas en reservar un posto na feira poden consultar as bases e descargar a folla de inscripción neste enlace que deberán entregar antes das 14:00 horas do próximo 24 de abril no rexistro municipal, ben por correo ordinario o mediante un email a agustin.perez@sansadurnino.gal.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*