Home / Sociedad / Tendencias / Mercadillos / Aberto o prazo para inscribirse na feira veciñal que organiza a Comisión de Festas de Mehá

Aberto o prazo para inscribirse na feira veciñal que organiza a Comisión de Festas de Mehá

FERROL360 | Martes 23 setembro 2014 | 11:03

A Comisión de Festas de Mehá, Mugardos, organiza unha feira veciñal o vindeiro 5 de outubro para recadar fondos para as Festas de San Vicente de Mehá, que se celebran do 23 ao 25 de xaneiro. Na feira poñeranse á venda obxectos de segunda man, artesanía, antigüidades, etc. Os interesados en participar deben inscribirse antes do 2 de outubro no teléfono 699 898 031 ou no Facebook da comisión.

Os postos estarán ubicados na avenida de Galicia e en caso de choiva o escenario alternativo será o pavillón municipal. O horario previsto para a celebración da feira é de 10:00 a 19:00 horas. Ademais, pola tarde celebrarase un sorteo de agasallos e haberá durante todo o día inchables para os nenos.

O Concello de Mugardos colabora nesta iniciativa.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies