FERROL360 | Mércores 8 abril 2015 | 14:36
Comeza o bo tempo e con el arrancan as carreiras populares que tan boa acollida teñen nos últimos tempos. Así que si sodes amantes do running apuntade no calendario: 17 de maio cita coa II Carreira 10K de Fene. Unha actividade con fins solidarios, xa que a recadación destinarase integramente a Arraigo.
O prazo para poder inscribirse na carreira xa está aberto e finaliza o vindeiro 14 de maio. O punto de partida e chegada será a parroquia de Perlío, no entorno da praza Verde, e o itinerario transcurrirá polas parroquias de Barallobre e Maniños.
Haberá diferentes categorías: Absoluta, cunha cuota de participación de cinco euros; andaina cunha cuota de tres euros e as carreiras menores están exentas de abono. Nos dous primeiros casos, a inscrición deberá formalizarse aquí ou no pavillón da Xunqueira, en San Valentín de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e os mércores tamén pola tarde de 16:30 a 19:00 horas.
No caso das carreiras menores (os nados entre os anos 1998 e 2011), o punto para anotarse é o portal da Federación Galega de Atletismo. Haberá agasallos para os participantes máis novos e trofeos para os primeiros clasificados na categoría absoluta.
Os membros de Arraigo apoiarán á organización en labores de avituallamento e, tamén, da Policía Local e Protección Civil, que desplegarán efectivos ao longo de todo o percorrido.