Home / Sociedad / Tendencias / Mercadillos / Aberto o prazo para inscribirse na VII Feira Rural de San Sadurniño

Aberto o prazo para inscribirse na VII Feira Rural de San Sadurniño

FERROL360 | Xoves 6 agosto 2015 | 17:17

O Concello de San Sadurniño vén de abrir o prazo para inscribirse na VII Feira Rural, que se celebrará o domingo 29 de agosto. Os interesados en participar deberán cumprimentar o modelo de solicitude e pagar unha pequena cota para contribuír aos custes de organización.

Os prezos serán os seguintes: 3 euros por cada expositor de artesanía e segunda man, que poderán solicitar ata un máximo de seis metros liñais e 5 os viveiros e postos de maquinaria, xa que son os que máis espazo ocupan habitualmente. Non existe neste caso límites ao espazo que poden pedir.

A folla de inscrición pode presentarse no Rexistro municipal, por correo postal -Lugar do Casal nº 16, 15560 San Sadurniño- ou ben enviala ao enderezo electrónico: agustin.perez@sansadurnino.dicoruna.es. A data límite para apuntarse é o 26 de agosto ás 14:00 horas. O listado de postos admitidos publicarase na web municipal ao día seguinte.

Mentres, as cotas de participación deben pagarse directamente na Casa da Cultura, onde tamén é posible entregar a ficha de inscrición, ou ingresalas na conta ES7420800208013110000059 indicando no concepto «Inscrición VII Feira Rural».

As entidades sen fins de lucro están exentas da cota pero terán que presentar copia dos seus estatutos, a menos que xa o fixeran con anterioridade para calquera convocatoria municipal. A zona da Cortiña acollerá o evento co que se queren promocionar as posibilidades de desenvolvemento sustentable do medio rural, ademais de servir como escaparate para produtos e servizos.

Novidades na Feira

A configuración do espazo será diferente nesta ocasión, xa que desta vez a carpa principal estará situada no centro do arboreto de especies autóctonas, de xeito que os postos do mercado se disporán á beira dos camiños que quedan no seu arredor.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies