FERROL360 | Martes 13 setembro 2016 | 17:49
O Concello de Cabanas organiza un curso de froitocultura durante todo o mes de outubro na Escola Laica. Os interesados en tomar parte deste programa formativo xa poden anotarse no departamento municipal de Cultura – pranta baixa da casa consistorial-.
O prazo para inscribirse remata o día 26 de setembro e hai dispoñibles 20 prazas, polo que se concederán por rigoroso orde de inscrición. As clases levaranse a cabo todos os martes do mes de outubro en sesións de dúas horas de duración, de 18:00 a 20:00 horas.
Durante o curso os asistentes aprenderán todo o necesario para o cultivo de froiteiras, as súas variedades, coidados, manexo, pragas ou poda. A actividade ten un custe de 20 euros.