Home / Sociedad / Campus / Aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de cultura no Campus de Ferrol

Aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de cultura no Campus de Ferrol

FERROL360 | Martes 14 xaneiro 2020 | 17:05

A Universidade de A Coruña a través do campus de Ferrol incrementará as opción culturais na cidade. Os universitarios e a cidadanía en xeral xa poden anotarse nos Obradoiros de Cultura da Universidade correspondentes ao segundo cuatrimestre.

O prazo para anotarse xa está aberto e pechará o vindeiro día 24 deste mes.

A oferta de cursos inclúe iniciación a danza contemporánea, fotografía creativa, moda e diseño de vestiario para artes escénicas, comunicación e radio, e creación literaria.

Os prezos de matrícula nos obradoiros serán os seguintes, 40 euros para os universitarios da UDC e 35 euros no caso da segunda matrícula no mesmo cuadrimestre.

As persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento deberán abonar 45 euros. O resto de público debe pagar 70 euros, 65 no caso da segunda matrícula no mesmo cuatrimestre.

Os prezos dos colectivos de persoas desempregadas ou con discapacidade, así como público xeral, inclúen seguro de accidentes.

As persoas desempregadas ou que teñan acreditada unha discapacidade igual o superior ao 33 por cento deberán facer a matrícula presencialmente na oficina da Área de Cultura do campus de Ferrol e achegar a documentación que o acredite.

A matrícula farase online, a través da web da Universidade de A Coruña no seguinte enlace.

Para máis información se pode enviar un correo electrónico a cultura.ferrol@udc.gal ou chamar ao número 881 013 697.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies