Home / Ferrol / Narón / Aberto o prazo para inscribirse nunha nova andaina do programa «Ponte en ruta con nós»

Aberto o prazo para inscribirse nunha nova andaina do programa «Ponte en ruta con nós»

Imagen del castillo de A Palma (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)
Imagen del castillo de A Palma (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

FERROL360 | Xoves 19 xaneiro 2017 | 13:22

A vindeira camiñata do programa «Ponte en ruta con nós» discorrerá polas inmediacións do Castelo da Palma, en Mugardos, e terá lugar o vindeiro día 29 de xaneiro. Os interesados en participar nesta actividade xa se poden inscribir no pavillón polideportivo da Gándara.

O percorrido, duns 14 quilómetros, partirá do Castelo da Palma e discorrerá por un tramo da zona costeira de Mugardos para regresar de novo á fortificación. Os participantes deberán estar ás 9:15 horas nas inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara, desde onde sairán en autobús cara Mugardos.

O prezo desta actividade é de tres euros e sirve para abonar o desprazamento. As inscricións deben realizarse antes do mércores previo á data de saída no polideportivo da Gándara, en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:30 de luns a xoves, e os venres de 9:00 a 13:00. Os menores de 18 anos que desexen asistir deberán ir acompañados dun adulto.

A iniciativa, organizada polo Padroado de Deportes de Narón e a empresa Arasti Barca, aposta por promover o exercicio ao aire libre e, ao tempo, dar a coñecer o patrimonio local e da comarca, a través dos diferentes roteiros convocados ao longo do ano.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies