Home / Cultura / Aberto o prazo para participar no concurso Novos Talentos para a promoción do galego da Xunta e Coca-Cola

Aberto o prazo para participar no concurso Novos Talentos para a promoción do galego da Xunta e Coca-Cola

FERROL360 | Sábado 9 decembro 2017 | 12:11

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Coca-Cola European Partners desenvolven un ano máis o concurso literario ‘Coca-Cola Novos Talentos-Premio de Relato Curto de Galicia’, que ten como finalidade promover o emprego da lingua galega na escrita por parte da mocidade.

O certame, no que levan participado un total de 3100 mozos e mozas galegas, chega este ano á súa décima edición. O obxectivo principal do concurso é promover o desenvolvemento da expresión escrita e a lectura entre o alumnado, ao tempo que incentivar a súa creatividade e axudar aos participantes a facer realidade o seu desexo de seren escritores.

O certame está dirixido ao alumnado de 2º curso de ESO que non teñan superado os 16 anos de idade. Os centros escolares son os encargados de seleccionar o alumnado que desexe concorrer á convocatoria, que deberán superar unha proba escrita sobre un tema proposto pola Consellería de Cultura.

As bases poden consultarse nesta web.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies