Home / Sociedad / Tendencias / Mercadillos / Aberto o prazo para solicitar a instalación de postos no VIII Mercado de Segunda Man de Sedes

Aberto o prazo para solicitar a instalación de postos no VIII Mercado de Segunda Man de Sedes

FERROL360 | Luns 14 novembro 2016 | 13:23

Os interesados en instalar un posto no VIII Mercado de Segunda Man de Sedes xa poden solicitar o permiso no Concello de Narón. O prazo para realizar esta inscrición finalizará o vindeiro día 12 de decembro e un dos requisitos para que os vendedores poidan participar será a entrega de dous quilos, mínimo, de alimentos ou produtos de limpeza para Centro de Recursos Solidarios.

O evento terá lugar na xornada do 18 de decembro, no recinto feiral do Trece, e os postos permanecerán abertos en horario de 11:00 a 14:00 e desde as 16:00 ata as 20:00 horas. Desde o Concello advirten que está prohibida a participación de menores de idade e comerciantes ou vendedores ambulantes, dirixíndose esta iniciativa a particulares.

As inscricións son de balde e o número máximo de participantes fixouse en 120. O formulario de inscrición poderá descargarse da páxina web do Concello, ou solicitala no Rexistro Municipal, e deberá entregarse no propio Rexistro municipal unha vez cubertos os datos requeridos pola organización.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies