Home / Sociedad / Tendencias / Mercadillos / Aberto o prazo para solicitar a instalación de postos no ‘XI Mercado de Segunda Man de Narón’

Aberto o prazo para solicitar a instalación de postos no ‘XI Mercado de Segunda Man de Narón’

FERROL360 | Martes 3 decembro 2019 | 00:00  

O Concello de Narón abre o prazo para solicitar a instalación de postos no «XI Mercado de Segunda Man» que se celebrará o vindeiro 15 de decembro na Praza de Galicia, xunto ao Concello.

O evento está convocado exclusivamente a particulares, non a comerciantes nin vendedores ambulantes, tal e como indicou o concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego. Ademais, también está prohibida a venda de artesanía, animais, produtos alimenticios ou bebidas, indicou o edil.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 11 de decembro. O mercado terá un total de setenta postos, que se concederán por rigorosa orde de solicitude.

Ademais, as solicitudes comprometen a entrega de catro quilos de alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza, que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

A montaxe dos postos será o día previo ao evento, que será o 15 de decembro, de 8:00 a 10:30 horas.

As inscricións son de balde, polo que as solicitudes dos postos deben formalizarse a través do Rexistro do Concello, por correo certificado ao Rexistro ou a través da Sede Electrónica do Concello.

Finalmente, lembrar que o mercadillo cambia de ubicación respecto a anos anteriores e esta edición terá lugar na Praza de Galicia, xunto ao Concello, a partir das 10:30 ata as 14.00 e dende as 16:00 ata as 19:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies