Home / Sociedad / Educación / Aberto o prazo para solicitar as axudas escolares en Pontedeume

Aberto o prazo para solicitar as axudas escolares en Pontedeume

FERROL360 | Luns 4 xaneiro 2016 | 17:18

O Boletín Oficial da Provincia publicou a aprobación definitiva da ordenanza das bases de concesión de axudas ás familias para a adquisición de material escolar para o curso escolar 2015-2016. Unha ordenanza aprobada no pasado mes de outubro e que busca acurtar os prazos de pago aos beneficiarios.

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, advirte que a antiga ordenanza non se axustaba á lei, posto que non contemplaba a obriga de xustificar as axudas mediante facturas. As bolsas están destinadas á adquisición de material escolar do alumnado de Educación Infantil, de Educación Primaria e de Educación Secundaria, empadroado no Concello de Pontedeume

Os técnicos de Servizos Sociais revisarán as solicitudes antes da súa presentación e deberán ir acompañadas pola documentación correspondente. O prazo para solicitalas rematará o 22 de xaneiro e deben presentarse no Rexistro Municipal. O rexedor sinala que «a xente cobrará agora as axudas nun tempo razoable e non ao final do curso».

Os requisitos para poder optar ás mesmas é que a unidade familiar conte cuns ingresos anuais non superiores a 18.000 euros, se ben no caso de familias numerosas incrementarase o umbral en 602,00 euros a partires do terceiro fillo. A contía da axuda por alumno será de 60 euros.

As becas adxudicaranse por estrito orde de puntuación ata esgotar a consignación orzamentaria dispoñible. En caso de empate, atenderase ó maior número de fillos escolarizados e se o empate continúa valorarase a renda per cápita máis baixa.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies