Home / Eume / Aberto o prazo para solicitar as axudas escolares por fillos menores de tres anos

Aberto o prazo para solicitar as axudas escolares por fillos menores de tres anos

FERROL360 | Martes 15 setembro 2015 | 10:24

A Xunta de Galicia vén de abrir de novo o prazo para presentar as solicitudes da prestación económica de pagamento único por fillos menores de tres anos de idade, é dicir, nacidos entre o 2 de xaneiro de 2012 e o 1 de xaneiro de 2015.

Este prazo é só para as familias que non presentaron a súa solicitude no prazo anterior, nos meses de febreiro e marzo. Ahora teñen ata o 7 de outubro para presentar este impreso. Os requisitos son os seguintes: os proxenitores deben ter a súa residencia habitual en Galicia, na data da solicitude os nenos deben convivir coa persoa solicitante.

Por último, que durante o ano 2013 nin as persoas solicitantes, nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigados a iso.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies