Home / Ferrol / Neda / Aberto o prazo para solicitar os servizos gratuítos de podoloxía e fisioterapia en Neda

Aberto o prazo para solicitar os servizos gratuítos de podoloxía e fisioterapia en Neda

FERROL360 | Luns 15 setembro 2014 | 13:00

O Concello de Neda xa ten aberto o prazo para pedir cita nos servizos gratuítos de podoloxía e fisioterapia. Ambos programas están dirixidos a homes e mulleres maiores de 65 anos pensionistas e personas con minusvalía.

Os veciños interesados en participar poden solicitar a súa cita na Oficina de Servizos Sociais (planta baixa da casa consistorial) luns, martes, xoves e venres de 9:00 a 13:30 horas. As sesións realizaranse no Centro Cívico Ramón Millarengo.

No caso do servizo de podoloxía, os tratamentos son variados: dende unha limpeza a unha atención máis específica. Os beneficiarios soen recibir dúas ou tres sesións ao ano e o servizo préstase en horario de tarde.

En canto a fisioterapia, os solicitantes deben acreditar tamén a correspondente recomendación médica para acceder ao servizo, que se presta en horario de mañá e, normalmente, en días alternos.
En ambos casos, os solicitantes deben presentar o volante anterior se xa se beneficiaron de sesións anteriores.

O goberno de Neda poñía en marcha as sesións de podoloxía en 2007 e, un ano despois, iniciábanse as de fisioterapia. Unhas e outras pioneiras na comarca e con custe cero, ao financiarse ao 100% con fondos municipais.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies